Onte, e para rematar o proxecto de alimentación saudable, fixemos unha cata de froitas. Foi unha actividade que aos rapaces lles gustou moito, e todos se animaron a probar de todos os platos. Como curiosidade, o mango arrasou, prácticamente todos quixeron repetir, e varias veces!! e iso que prácticamente ningún o probara na súa vida.
Despois, fixemos unha valoración cunha lista das que nos gustaron, e cales non.
No hay comentarios:
Publicar un comentario