viernes, 29 de noviembre de 2013

Sorpresiña

Si ides ao blog de inglés, veredes unha pequena sorpresiña en forma de vídeo. Aquí

Aniversarios de Novembro

Hoxe celebramos os aniversarios de Novembro. Xa casi temos todos os cinco anos, e para celebralo, Noa e Alex trouxeron unha gran tarta de galleta para compartilo con nós.

Parabens aos dous!!!!!

jueves, 21 de noviembre de 2013

Ugly monsters!!

Durante os días de Samaín, na clase de inglés, os rapaces de cinco anos estiveron facendo monstros terribles e feos. Pero non uns "ugly monsters" calqueiras, sino empregando unha técnica especial... mirade, mirade, a ver si sabedes de quen é cada debuxo.

Podedes velo no blog de inglés, picando aquí .

martes, 19 de noviembre de 2013

Obradoiro de lectoescritura

Fai unhas semanas empezamos un pequeno obradoiro de lectoescritura. Para ello, empregamos materiais do día a día, que podamos atopar en calqueira parte ou en calqueira momento das nosas vidas. Todo vale: periódicos, receitas, catálogos, publicidade, listas e un longo etcétera.

Aquí estamos cos periódicos (por certo, un medio co que non todos estaban familiarizados), e descubrimos moitas cousas neles: que teñen publicidades, fotos curiosas, textos de diferentes tamaños. Moitos aprendimos que as fotos teñen que estar relacionadas coas noticias, que as palabras moi grandes significan que é algo importante, que hai mapas de predicción do tempo... Xa escribimos ata titulares!.

lunes, 11 de noviembre de 2013

Día do Peón 2013

Hoxe trouxemos os nosos peóns, preparados para facelos xirar e xirar. Pasamos un bo rato en familia, aínda que me consta que houbo papás e mamás que o pasaron tan ben, ou aínda mellor, que os rapaces. Así da gusto!

martes, 5 de noviembre de 2013

Samaín y Magosto

E comezou a semana do Samaín! O primeiro foi traer as cabazas decoradas. Aquí tedes as vosas obras...que medo!!

O mércores comezamos a mañá de paseo polos corredores, vendo as cabazas de todos os compañeros do cole, eran terribles!! Despois do recreo (que estaba cheo de bruxas e bruxos) preparámonos e fomos ao patio superior para cantar a canción e comer moitas castañas, xunto con vos.

Esperamos que o pasarades ben!!