martes, 29 de octubre de 2013

Todo listo para o Magosto e Samaín

Xa está todo listo para a gran festa de mañá. Cabazas no cole, castañeiros e a canción lista. Polo pronto aquí vedes como adornamos o corredor.

viernes, 25 de octubre de 2013

Aniversarios de outubro

Este mes tocou aniversario por partida triple: Naiara, Xoan e Darío. Trouxeron unha tarta moi "de tartarugas" que todos disfrutamos moito. Como sempre, pasámolo moi ben, comendo, bebendo, cantando e bailando.

viernes, 18 de octubre de 2013

Os dinosauros son os vencedores

Como sabedes, fixemos un mini-proxecto coas novas mascotas dos nenos de tres anos: "Dinosauros Vs Elefantes", e os primeiros gañaron por goleada. A verdade é que espertaron moito máis o interese dos rapaces, e temos un montón de material. Aínda que hai que ter en conta que dos elefantes xa sabiamos moitas cousas, grazas ao proxecto dos animais salvaxes do curso pasado.

Aquí vedes a nosa clase:

viernes, 11 de octubre de 2013

Xogo libre

Os venres, un anaco antes de marchar, xa estamos cansos de toda a semana, así que toca "xogo libre". É o momento da semana no que podemos xogar con todo o que temos na clase, así que poñemos en marcha a nosa imaxinación e nos difrazamos, xogamos cos bebés, facemos debuxo libre, lemos, facemos puzzles e un longo etcétera. Pasámolo moi ben!

miércoles, 2 de octubre de 2013

Aniversario de setembro

Comezamos coas celebracións de aniversarios neste curso. A tartaruga que estivo de noraboa en setembro foi Andrés. Coma sempre, pasámolo estupendamente: tarta moi rica, e non vexades como bailamos!