lunes, 26 de diciembre de 2011

Festival de nadal

Tras a entrada na que falamos da visita dos Paxes, hoxe toca a última entrada do ano, a do festival de nadal.
Estes dous días de actuacións, foron moi emocionantes. Todos os mestres e alumnos do cole traballamos moito para que saíse ben.
Seguro que o mércores poidestes ver como quedaron finalmente os adornos dos que levamos falando ó longo de varias entradas. Por si alguén non puido acudir, aqui vos poño unha mostra:



Polo que respecta as tartarugas, estaban todas moi emocionadas por poder actuar ante todo o cole e as familias. Aínda que non sabería como responderían os seus nervios en escena, eu creo que quedou moi, moi ben.
Viñeron moi guapos das casas, coas súas nariciñas e rabiños. Na sesión de fotos de clase, posaron moi contentos de un en un (aínda que por un fallo técnico nos falta a de Javi)



E tamén por "especie": ratiños, canciños, michiños e avoa.



Era moi gracioso velos xogar pola clase así disfrazados. E tamén, a pesares de que o primeiro día non vimos os zocos de Inés, estaba graciosísima con eles (e gardou o equilibrio estupendamente!)



Teño algunha foto da actuación (do primeiro día, neste caso). Se queredes compartir as vosas co resto dos papás, enviadeas ó correo infantilcouceirofreijomil@gmail.com .



AS TARTARUGAS VOS DESAXAMOS UN BO NADAL!!

sábado, 24 de diciembre de 2011

Visita dos paxes


O martes, trala actuación, tiñamos unha sorpresa agardando no corredor. Eran uns gaiteiros anunciado a chegada dos Carteiros Reais. As xirafas e tartarugas xuntámonos nunha clase e alí, un por un, entregamos cada un a nosa carta ós Reis Magos.
Algúns rapaces foron un poco reticentes a acercarse, pero ó final todos metimos a cartiña no buzón. Seguro que neste momento as están lendo as Súas Maxestades.


jueves, 22 de diciembre de 2011

Xa temos todos tres anos!!


Este luns celebramos o último aniversario do ano. Faltaban Antón en Nora por cumplir tres anos, e xa os teñen! Qué maiores!!
Xantamos biscoito, cantamos e bailamos, foi moi divertido.



Parabéns rapaces!!

sábado, 17 de diciembre de 2011

As tartarugas saen a súa primeira excursión

Este venres tivemos a nosa primeira (e navideña!!) excursión. A pesar de que o día non acompañou para nada, os nenos e nenas estaban moi emocionados en con ganas de saír. Aquí vedes as súas caras no autobús, que o din todo:



Menos mal que ó chegar, o bus deixounos na mesma porta, e os nenos puideron entrar sen mollarse. Unha vez alí dentro, dividímonos en tres grupos para poder ver o Belén en acción (pois o lugar era pequecho). Foi moi divertido ver como se movían as figuriñas: os panadeiros, os pescadores, as señoras que tendían a roupa, o ferreiro... Tamén gustou moito cando se "facía de noite" e se encendían as luces das casas.



No cole os rapaces dixeron que lles gustou moito. Que vos contaron a vos? Disfrutaron a súa primeira saída?

miércoles, 14 de diciembre de 2011

Máis decoración

Como víchedes fai un par de entradas, xa temos lista a decoración do corredor. Agora lle toca o turno a gran árbore do colexio, que faremos entre todos os nenos e nenas do Couceiro Freijomil. Coas nosas mans ocupámonos das follas:



E tamén cada un de nos puido elexir o adorno para a árbore que máis lle gustara e colorealo.



Despois un pouco de Alkil por aquí, e un pouco de purpurina por alá...


Pronto veredes o resultado final!