viernes, 27 de abril de 2012

Proxecto das Fragas

Pouquiño a pouco, estamos comezando o proxecto sobre o incendio das Fragas. Polo pronto, xa tivemos, a principio do trimestre, a primeira conversación sobre o desastre: qué sabíamos do tema, qué foi o que cremos que pasou e todo tipo de ideas. Agora estamos investigando e recollendo material que estan traendo das casas: fotos, libros, landras, fieitas, etc... Xa temos montado o noso recuncho das Fragas -todavía incompleto- e os nenos están contando e ensinando o que traen. Eu creo q xa estamos aprendendo moito (e o que nos queda!!).

miércoles, 25 de abril de 2012

O día do Libro

O luns foi o Día do Libro, día no que os nenos de terceiro invitáronnos a ver a súa obra de teatro...en inglés!! o conto xa o coñecíamos -"O zapateiro e os trasnos" - e esa mañá leímolo outra vez para refrescar a memoria.

Os nenos de terceiro fixeron un traballo estupendo, coa súa "The shoemaker and the elves", e os rapaces de infantil estivemos moi atentos. Para rematar o día, fixemos uns marcapáxinas moi chulos para empregar na casa cos nosos contos.

martes, 24 de abril de 2012

Eumeolimpiadas

A semana pasada celebráronse no pabellón as Eumeolimpiadas, onde participaron rapaces de toda a zona eumesa. Nós acercámonos un ratiño a animar os maiores e o pasamos moi ben. Algúns casi quedaron afónicos dos berros de ánimo!! 

miércoles, 18 de abril de 2012

Novos veciños de corredor

Dende hai uns días, temos compañeiros novos no corredor de infantil. Son os vermes de seda, e estamos seguindo a súa evolucion dende xa, que son tan pequeniños que apenas se ven. Pero están deborando tan rápido as follas da moreira que non poden tardar moito en facerse grandes e gordas.
Seguiremos contando...

lunes, 16 de abril de 2012

Exposición dos cuadros de Dora

Levounos tempo e esforzo, pero por fin temos lista a exposición dos cuadros de Dora, que como recordaredes, comezamos o día da visita ó Museo de Bellas Artes .



Pintamos á moza de Picasso con ceras blandas. Despois fixemos o fondo con témperas e lle buscamos un marco. Puxemos os nomes e listo! agora xa lucen no corredor de Infantil.
Aquí están os orgullosos artistas:

jueves, 12 de abril de 2012

Pequenas investigacións

Moitos días, e de xeito fortuíto, surxen temas interesantes para os nenos e para investigar. Moitos deles valdrían perfectamente de punto de partida para un proxecto ben longo, pero obviamente, é imposible.
Por exemplo, pouco antes das vacacións, nunha conversación común, surxiu unha pregunta: Os polbos péscanse con cana e anzuelo? Estivemos pensando e non chegamos a ningunha conclusión. Entón, ocurriusenos que Cris lle preguntara ó seu papá, xa que traballa con peixes. Un par de días despois, chegou a clase moi documentada, con material e debuxos, e aprendimos qué son as nasas, cómo se empregan e colocan, que hai que marcalas con boias, e un longo etcétera. Deunos para preparar un mural, que aínda non está rematado, por certo.



Hoxe Xoan trouxo unha pluma, e estivemos todos mirándoa con detemento, pensando de que animal podería ser... as nosas conclusións que chegaron os rapaces foron: unha lechuza e unha gaivota (aínda que o principio pensamos que non había gaivotas pardas). Ó final descaron a águia, porque parecía pouco probable que as houbese pola vila de Pontedeume.

miércoles, 11 de abril de 2012

Día do teatro

Xusto antes das vacacións, celebramos o Día do Teatro. Tivemos a oportunidade de ver varias obras de teatro moi amenas e estupendamente interpretadas polos nenos do cole. Ás tartarugas dixeron que o pasaron moi ben.




Para ver a actuación de infantil o Día da Poesía, pinchade aquí . Actuaciones dos demáis cursos, como sempre en Celecofre