jueves, 30 de mayo de 2013

Novo proxecto: Esquimós e Polo Norte

O curso está a piques de rematar, pero aínda nos da tempo a facer un proxectiño novo. Onte xúntámonos coas xirafiñas e fixemos unha proposta e votación, e o proxecto gañador foi: ESQUIMÓS E POLO NORTE.
Así que dende aquí decimos o de sempre, se queredes podedes colaborar: contos, películas, DVDs, documentación, e calquera cousa que se vos pase pola cabeza.

lunes, 27 de mayo de 2013

Concerto didáctico no Conservatorio de Ferrol

O martes estivemos de excursión en Ferrol. Fomos o conservatorio de Ferrol para escoitar o concerto didáctico do "Carnaval dos animales". O primeiro que fixemos ao chegar foi merendar nunha aula que moi amablemento nos cederon alí. Despois nos preparamos para escoitar o concerto.

A pesar de que xa traballamos moito coa profe Lara a obra de Saint-Saens, o concerto gustounos e sorpendeunos: vimos o elefante coa súa gran trompa, a pausada tartaruga, os burros correteando, escoitamos ao cuco, os paxariños....

Foi unha bonita excursión!

miércoles, 22 de mayo de 2013

Día das Letras Galegas

O pasado xoves celebramos o Día das Letras Galegas. Foi un día festivo e plagado de música, no que además aproveitamos para celebrar o Certame de Poesía do Couceiro Freijomil.

Os nenos de infantil, cunha delegación de dous nenos por clase, recitamos a nosa obra conxunta, titulada "Poesía". Fíxemolo moi ben!

Tamén queremos agradecer a actuación dos Fenómenos. Aos nenos encantoulle e bailaron un montón.

lunes, 13 de mayo de 2013

Primavera no corredor de Infantil

Levamos uns días traballando nos adornos primaverais-veraniegos. Fixemos uns paxaros moi ledos e divertidos, de moitas cores que lle dan moita vida ao corredor. Primeiro recortamos os corpos, que foi o que máis traballo nos deu, ao ser redondos...pero o resultado foi estupendo. Despois pegamos os olliños, o peteiro e patas (que picamos) e eliximos as cores das plumas.

lunes, 6 de mayo de 2013

Os maios

O martes celebramos os Maios no cole. Foi un día moi intenso, tanto,que é moito mellor que as imaxes falen por si mesmas. Eso sí, agradecer de maneira infinita aos papás e mamás que viñeron a axudar na elaboración do Maio, en particular aos papás das Tartarugas Inés e Noa.