jueves, 31 de enero de 2013

Día da Paz

Onte celebramos o Día da Paz, e ainda que parecía que a chuvia nos ía dar unha tregua, ó final o espectáculo quedou un pouco deslucido polas gotiñas que caeron. Pero de todas formas disfrutamos un montón facendo o baile da canción africana "Jambo bwana" e escoitando os nenos maiores interpretando "carros de fuego". Gracias por acudir ós que puidéchedes e esperamos que o pasarades ben!

martes, 29 de enero de 2013

Portada do proxecto

O proxecto dos animais salvaxes está dando os seus últimos coletazos, así que estes días, no taller de plástica, estivemos facendo unha portada á altura das circunstancias. Fixemos unha xirafa moi feitiña con témpera, pincel e esponxa. Aínda temos que escribir o título, pero xa temos case todo listo.

viernes, 25 de enero de 2013

Pedrazo

Calquera situación é boa para aprender, e esta semana o clima deu moito que falar: frío, neve, chuvia e pedrazo. Este último empezou a caer cando estabamos todos traballando en clase e aproveitamos para sair a ver como caía, a tocalo e a intentar averiguar de onde saían esas pedriñas tan pequeniñas e tan frías, que nada más collelas se derretían.

martes, 15 de enero de 2013

Origami ou papiroflexia

Continuando co proxecto dos animais salvaxes, estes días estamos profundizando un pouquiño nos elefantes: diferenciar os asiáticos dos africanos, que están en perigo de extinción, qué comen, como viven, para que empregan a trompa, etc.

Tamén estivemos falando sobre o origami ou papiroflexia, que é a arte de construir figuras con papel e as nosas mans, sen empregar tesoiras, pegamento...só dobrando. Así que puxémonos mans á obra, e na hora de plástica fixemos un elefante, moi, moi sinxeliño. Aínda que non o fixeron todo eles sos -precisaron algo da miña axuda- eles ían dobrando e desdobrando tal e como lles ía explicando. Xa tedes o resultado na vosa casa...gustouvos?

viernes, 11 de enero de 2013

Visita á biblioteca de Pontedeume

Hoxe pola mañá tivemos unha sorpresa! Collemos os nosos abrigos e fomos camiño á vila a visitar a biblioteca de Pontedeume. Recibiunos Alexandre que viu moitas caras coñecidas entre os nenos e nenas das xirafas e tartarugas. Deixounos ler moitos contos e pudimos ver a proxección de "Chucho Cacho".

Os que non sexades socios ¡animádevos!, vale a pena.

miércoles, 9 de enero de 2013

O rencontro

Parece que foi hai moitísimo tempo que estivemos todos no cole festexando a chegada do Nadal. Onte foi un día emocionante de rencontros, de contar o que fixemos nestas vacacións, e, sobre todo dos regalos que nos trouxo Papá Noel e os Reis Magos. Polo que contaron, deberon de ser todos moi bos.

Eu tamén debín de ser moi boa, que tiven unha mascota preciosa da clase. Moitas grazas, Cris!!