jueves, 27 de octubre de 2011

Samaín

Xa chegou o Samaín, e hoxe o cole encheuse de cabazas de todas as formas e cores. Noraboa a todas as familias porque traballáchedes moito e quedaron todas preciosas. Aquí tedes a mostra:



Tras ensinar cada tortuguiña á súa cabaza ós compañeiros, fomos ó piso de abaixo do corredor a exponelas con todos os nosos compañeiros de infantil.



Tamén fixemos unha visita ó piso de arriba para ver a exposición de cabazas dos nenos de primaria. As miramos con moita atención e logo falamos das nosas preferidas. Houbo de todo, pero as cabazas con patas de araña, triunfaron. Para que vos tamén pasedes un pouco de medo, ensinámosvos estes corredores tan estremecedores.



Un terrorífico saúdo das tortuguiñas


jueves, 20 de octubre de 2011

Preparando o Samaín

Xa estamos preparando o samaín e a súa decoración. Mirade todo o que traballamos:
Fixemos morcegos coas nosas mans para adornar o corredor



Tamén preparamos unhas terroríficas cabazas.



Gustavos?

domingo, 16 de octubre de 2011

Os nosos aniversarios

Este cartel o temos na clase para saber cando cumplimos anos. Deixovolo aquí por si queredes recordar con quen vos toca para preparalo con antelación.
Si clicades na imaxe o podedes ver máis grande.

jueves, 13 de octubre de 2011

Mural do outono


Esta pasada semana estivemos preparando o noso primeiro mural: o do Outono. A que quedou chulo? Eso si, falar do outono con este clima tan veraniego é un pouco complicado...

domingo, 9 de octubre de 2011

Aniversarios de setembro


Este venres celebramos os aniversarios de agosto e setembro, que en realidade era so un, o de Andrés. Trouxo unha tarta que comemos con moito gusto, cantamos e bailamos. Foi unha boa festa!




Tan so podemos dicir: Parabéns, Andrés!!!

miércoles, 5 de octubre de 2011

A nosa primeira ficha

Onte foi o primeiro día que nos sentamos todos os nenos e nenas da clase para facer a nosa primeira ficha (fixemos xa algunha, pero por grupiños) e resultou moi ben. Empregamos os gomets e todos lle puxeron moito interese. Aquí tedes as imaxes.