viernes, 28 de septiembre de 2012

Aniversario setembro

Ó comezar as clases, volvemos cos aniversarios en fin de mes. Neste caso, o primeiro en cumplir este curso é Andrés, que xa ten, nada máis e nada menos, que catro anos.

Como sempre, pasamos un rato moi divertido, degustamos unha tarta riquísima e bailamos un ratiño.

Parabéns, Andrés!

martes, 25 de septiembre de 2012

Taller de plástica

Os luns son os días que non temos clase con ningún especialista, así que para variar un pouquiño a actividade, tralo recreo comezamos un taller de plástica.

Nel faremos un montón de cousas, con material de reciclaxe, sobre todo. Polo pronto estamos empezando o noso barco pesqueiro. Mirade que concentrados e que ben empregamos as tesoiras:

miércoles, 12 de septiembre de 2012

Día de rencontro

Hoxe foi día de rencontros, de contar aventuras, e sobre todo, de xogos, moitos xogos.

QUE SEXAN BENVIDAS TODAS AS TARTARUGAS O AS SÚAS FAMILIAS!!

martes, 11 de septiembre de 2012

Comezamos!!

Mañá é o día! Teremos tempo para contarnos que fixemos este verán, que lugares e persoas coñecimos, como nos divertimos e un longuísimo etcétera. Espero que todas as tartarugas estean preparadas!
Familias, recordade que xa o primeiro día os nenos traian as fotos das vacacións.