miércoles, 27 de febrero de 2013

Qué frío vai!

O frío que vai estes días vennos moi ben para explicarvos o que levamos traballado últimamente sobre o inverno. Estamos rematando a nosa decoración invernal do corredor, coas súas nubes de neve...

Hoxe estivemos investigando e aprendendo un pouquiño sobre os deportes de inverno, e a verdade é que non coñeciamos moitos, pero foi un gran descubrimento ver trineos tirados por cans, patinaxe artístico, snowboard...

Para facer esta fichiña, miramos varios vídeos. Aquí tedes os que lles encantaron:

miércoles, 20 de febrero de 2013

Traballiño de inglés

No blog de inglés do cole, tedes o último traballiño que os nenos fixeron coa profe Marga. Pinchade AQUÍ

viernes, 15 de febrero de 2013

Fin de festa

Xa morreu, xa morreu.... o entroido xa marchou e o fin de festa foi moi divertido. Viñemos a clase disfrazados do que más nos apeteciu, tivemos pirata, ninja, sevillanas, Peppa Pig.... Despois fomos despedir o entroido xunto a todos os compañeiros do cole, e entre lágrimas, entonando o "Xa morreu", dixémoslle adeus e ata o ano que ven.

miércoles, 13 de febrero de 2013

Chegaron os apicultores!!

O final de festa foi apoteósico. Pero non nos adiantemos, porque aínda non vos ensinamos como quedaron os pallasos do Esqueleto Manolo, todo guapísimos! E a degustación posterior..ummmmm! puxéronse as botas!

O día seguinte foi moi emocionante de por sí, pero ademais estabamos todos cun ollo no ceo, porque non sabiamos se poderíamos desfilar debido a chuvia. Ó final tivemos moita sorte e todo saiu estupendamente. Os nenos estaban perfectos, tanto os de infantil, como os dos demais ciclos. Quedamos moi contentas polo resultado.

Por último, queremos agradecer a vosa colaboración e a do Concello, que fixo que todo fora posible

miércoles, 6 de febrero de 2013

Terceiro mandadiño

Coas meixelas e nariz pintado estabamos moi guapos: uns con coloretes, outros con caracois, soles, figuras.... Aquí estamos co mandadiño de hoxe:

martes, 5 de febrero de 2013

lunes, 4 de febrero de 2013

Aniversario de xaneiro e primeiro mandadiño de Manolo

Este venres estivemos moi atarefados: celebramos o aniversario de Lucía e fomos facerlle a primeira visita ó esqueleto Manolo.

Parece mentira, pero xa comezamos a cumplir cinco anos. Pasámolo moi ben no cumple, porque tralo biscoito -riquísimo- , bailamos un montón (e é que últimamente están todos moi bailaríns)

Antes de ir á biblioteca a coller os libros, fixemos unha paradiña xunto o esqueleto Manolo, que tiña unha mensaxe para nós:

Hoxe cumprimos todos co seu mandadiño:

Qué sorpresa nos terá preparada para mañá??