martes, 24 de diciembre de 2013

Recomendacións de Nadal de Güino

Aquí tedes as recomendacións de Nadal que tradicionalmente facemos dende a biblioteca do cole. A disfrutar lendo!

jueves, 19 de diciembre de 2013

Aniversarios de decembro

Onte celebramos os aniversarios de Nora e Antón, e eso significa que... xa temos todos cinco anos!!. O tempo pasa voando e xa somos moi maiores. Disfrutamos moito das magdalenas, que tiveron moito éxito e pasámolo xenial.

Parabéns, chicos!!

lunes, 9 de diciembre de 2013

Xa se achega o Nadal...

...e temos a nosa árbore decorada cos CDs decorados que fixéstedes todas as familias. Quedou moi bonita!!

viernes, 29 de noviembre de 2013

Sorpresiña

Si ides ao blog de inglés, veredes unha pequena sorpresiña en forma de vídeo. Aquí

Aniversarios de Novembro

Hoxe celebramos os aniversarios de Novembro. Xa casi temos todos os cinco anos, e para celebralo, Noa e Alex trouxeron unha gran tarta de galleta para compartilo con nós.

Parabens aos dous!!!!!

jueves, 21 de noviembre de 2013

Ugly monsters!!

Durante os días de Samaín, na clase de inglés, os rapaces de cinco anos estiveron facendo monstros terribles e feos. Pero non uns "ugly monsters" calqueiras, sino empregando unha técnica especial... mirade, mirade, a ver si sabedes de quen é cada debuxo.

Podedes velo no blog de inglés, picando aquí .

martes, 19 de noviembre de 2013

Obradoiro de lectoescritura

Fai unhas semanas empezamos un pequeno obradoiro de lectoescritura. Para ello, empregamos materiais do día a día, que podamos atopar en calqueira parte ou en calqueira momento das nosas vidas. Todo vale: periódicos, receitas, catálogos, publicidade, listas e un longo etcétera.

Aquí estamos cos periódicos (por certo, un medio co que non todos estaban familiarizados), e descubrimos moitas cousas neles: que teñen publicidades, fotos curiosas, textos de diferentes tamaños. Moitos aprendimos que as fotos teñen que estar relacionadas coas noticias, que as palabras moi grandes significan que é algo importante, que hai mapas de predicción do tempo... Xa escribimos ata titulares!.

lunes, 11 de noviembre de 2013

Día do Peón 2013

Hoxe trouxemos os nosos peóns, preparados para facelos xirar e xirar. Pasamos un bo rato en familia, aínda que me consta que houbo papás e mamás que o pasaron tan ben, ou aínda mellor, que os rapaces. Así da gusto!

martes, 5 de noviembre de 2013

Samaín y Magosto

E comezou a semana do Samaín! O primeiro foi traer as cabazas decoradas. Aquí tedes as vosas obras...que medo!!

O mércores comezamos a mañá de paseo polos corredores, vendo as cabazas de todos os compañeros do cole, eran terribles!! Despois do recreo (que estaba cheo de bruxas e bruxos) preparámonos e fomos ao patio superior para cantar a canción e comer moitas castañas, xunto con vos.

Esperamos que o pasarades ben!!

martes, 29 de octubre de 2013

Todo listo para o Magosto e Samaín

Xa está todo listo para a gran festa de mañá. Cabazas no cole, castañeiros e a canción lista. Polo pronto aquí vedes como adornamos o corredor.

viernes, 25 de octubre de 2013

Aniversarios de outubro

Este mes tocou aniversario por partida triple: Naiara, Xoan e Darío. Trouxeron unha tarta moi "de tartarugas" que todos disfrutamos moito. Como sempre, pasámolo moi ben, comendo, bebendo, cantando e bailando.

viernes, 18 de octubre de 2013

Os dinosauros son os vencedores

Como sabedes, fixemos un mini-proxecto coas novas mascotas dos nenos de tres anos: "Dinosauros Vs Elefantes", e os primeiros gañaron por goleada. A verdade é que espertaron moito máis o interese dos rapaces, e temos un montón de material. Aínda que hai que ter en conta que dos elefantes xa sabiamos moitas cousas, grazas ao proxecto dos animais salvaxes do curso pasado.

Aquí vedes a nosa clase:

viernes, 11 de octubre de 2013

Xogo libre

Os venres, un anaco antes de marchar, xa estamos cansos de toda a semana, así que toca "xogo libre". É o momento da semana no que podemos xogar con todo o que temos na clase, así que poñemos en marcha a nosa imaxinación e nos difrazamos, xogamos cos bebés, facemos debuxo libre, lemos, facemos puzzles e un longo etcétera. Pasámolo moi ben!