martes, 31 de enero de 2012

O día da Paz


Onte foi o Día da Paz, festividade que nunca pasa por alto no noso cole. Comezamos hai uns días traballando nas clases e adornando o corredor con diferentes traballos.



O festival foi moi interesante, comezando pola actuación dunha peza de Dvorak dos nenos de sexto e a lectura dun manifesto. Logo, formando dúas cadeas de nenos, cantamos e bailamos e, por suposto, soltamos as pombas.
Pero o mellor de todo foi compartir todo isto coas familias, adquirindo así a canción todo o seu significado, formando todos xuntos a nosa "muralla". Moitas gracias pola vosa participación.


viernes, 27 de enero de 2012

Video dos sorrisos

Si queredes ver un vídeo moi bonito, visitade o web do cole (pinchando aquí ). Disfrutádeo a pantalla completa!!

jueves, 19 de enero de 2012

Estrenando a biblioteca

Onte, mércores, fomos por primeira vez á biblioteca. Alí recibiunos Güino, e moi caladiños sentámonos nos sofás a esperar o noso turno.



Despois, cada un escolliu soiño o libro que quería levar para casa, de entre todo o montón que temos disponibles. Xa na clase, metímolos nas nosas mochilas para poder levalos a casiña.



A lectura dun libro unha ocasión moi boa para compartir momentos cos papás e outros familiares, e soe motivar os cativos por ser eles quenes o elixiron.
Poderedes dispoñer do libro ata o mércores seguinte, como moi tarde, posto que é o día que temos establecido para ir a devolvelos, e coller outros novos.

lunes, 16 de enero de 2012

Sorrir para convivir


Seguro que moitos de vos xa víchedes o mural dos sorrisos, con fotos de todos os nenos de infantil (e profes tamén). Pero agora xa está definitivamente rematado, pois xa engadimos as frases coas cousas que nos fan sorrir. Aquí o tedes:



(Recordade, click nas fotos para velas en grande)

jueves, 12 de enero de 2012

Cadrados


Xa estamos traballando a pleno rendimiento. Onte foi o día dos cadrados: os buscamos no noso entorno, entre todos os bloques lóxicos e tamén o debuxamos. O resultado final foi un cadrado preciosísimo:

lunes, 9 de enero de 2012

Benvidos de novo!!

Aquí estamos outra vez, nun ano novo e con enerxías renovadas.
Gracias ós papás de Naiara por mandar fotos do festival de Nadal. Compartimos algunhas delas con vos.



FELIZ ANINOVO!!