miércoles, 31 de octubre de 2012

Traballando no Samaín e no Magosto

Xa están aquí dúas festas que nos gusta celebrar: o Samaín e o Magosto. Levamos moitos días traballando neles, facendo a decoración, as fichas, aprendendo a escribir palabras novas, recortando....

Aqui nos vedes moi concentrados traballando e aprendendo

A decoración do corredor quedounos verdaderamente terrorífica, non si?

martes, 30 de octubre de 2012

Aniversarios de outubro

O venres tocou aniversario multitudinario, pois engadían un ano á súa idade Naiara, Darío e Xoan. Comemos unha tarta de galleta moi rica e bebimos zumos. Foi unha festa moi divertida!

Parabéns rapaces!!

martes, 23 de octubre de 2012

Na biblioteca

Este venres comezamos, de novo, co préstamo de libros da biblioteca do centro. Xa podedes compartir na casa as lecturas cos rapaces (que elixen eles sos, por certo).

Recordade devolver o préstamos como moi tarde, o venres!

viernes, 19 de octubre de 2012

Preparando o Magosto

Os nenos de Infantil xa estamos pensando nas actividades do Magosto e necesitamos un brick baleiro, limpiño e cortado pola metade (todos os lados menos unha das cara máis anchas) para facer o noso porta-castañas para a festa. Moitas grazas pola vosa colaboración!

martes, 9 de octubre de 2012

Xolda, unha visita moi especial

O xoves tivemos na clase unha visita diferente. Cris trouxo unha planta carnívora á que chamou Xolda. A maioría dos nenos nunca viran unha, e estivemos falando un ratiño sobre o que come, cómo atrapa ás súas presas...tamén tiñamos dudas importantes, sobre todo queriamos saber que pasaba si nos atrapaba o dediño.

Qué fan as plantas carnívoras coas moscas?

viernes, 5 de octubre de 2012

Buscando castañas nas Fragas

Hoxe fixemos unha excursión moi divertida e productiva, e ademais non tivemos que marchar moi lonxe!

As dez e media collimos o autobús rumbo as Fragas, e nada máis chegar fomos merendar. Dende aquí quero darlle as gracias á mamá de Sabela, que nos preparou o Andarubel para que todos puidesemos merendar moi a gusto. Graciñas!

Nada máis rematar, puxemos rumbo ós castiñeiros e.... mellor mirade vos a experiencia:

Pasámolo moi ben!!!