domingo, 24 de junio de 2012

Derradeiros aniversarios do curso

Esta semana foi moi movidiña, con tanta festa e despedida. Polo pronto ímosvos contar que tivemos a derradeira festa de aniversarios, e Inés, Javi e Aitor xa teñen os seus catro anos.

miércoles, 20 de junio de 2012

Saída ó parque

O luns, aproveitando que facía bo día, fixemos a saída habitual de todos os finais de curso: ir a merendar ó parque. Os rapaces, como sempre, pasárono moi ben, xogando coa area, tirándose do tobogán ou nos columpios. Está ben esto de cambiar de aires.

viernes, 15 de junio de 2012

DVD

Recordade achegar o DVD se queredes que vos grabe as fotos do curso.

Por favor, non o traiades máis tarde do martes, porque senón será imposible preparar todo a tempo. Grazas!

jueves, 14 de junio de 2012

Marcelle

Este martes foi a excursión de fin de curso,e partimos coa pena de que casi media clase estaba enferma: tan so fomos oito.

A xornada foi un éxito, e os nenos levaron moi ben a hora e pico de viaxe. Disfrutaron un montón da visita e, aínda que pareza incríble, non choviu nada de nada!

Según me contaron, o pasaron estupendamente, tiveron éxito distintos animais (sobre todo os osos e os lobos).

Aquí tedes o diario da viaxe:

A vos que vos contaron?

PD: dende aquí un biquiño ós nenos que non puideron ir. Xa haberá unha próxima!

domingo, 3 de junio de 2012

Aniversario de maio

O venres celebramos o único aniversario deste mes que acaba de pasar, maio. Ángel xa é unha tartaruga de catro anos!! A tarta e as pastiñas estaba moi ricas, despois xogamos e bailamos el "Du dúa".

viernes, 1 de junio de 2012

E máis animaliños!!

Está claro que a primavera está aquí en todo o seu esplendor, pois estos días temos moitisimas visitas animais na clase: Lucía e Alex trouxeron grilos, os nenos de cinco anos, Brais e Iker, ensinaronnos un montón de caracois, e por si esto fora pouco, os vermes de seda xa están formando capullos.