miércoles, 22 de enero de 2014

Unha final apaixoante

O venres tivemos a final da competición de bolos. Enfrentáronse o equipo "Dragon Ball" das Tartarugas, contra "Os Reis Magos" das Xirafiñas. Foi moi emocionante, e o resultado moi, moi axustado: gañou o equipo das Tartarugas por un par de puntos.

Houbo de todo, unha tirada polémica, emoción, cálculo mental de puntos, alegría e tristeza. Ao final os dous equipos déronse unha aperta e aprendimos que unhas veces se gana, e outras se perde. O importante é pasalo ben!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario