viernes, 30 de noviembre de 2012

Aniversarios de novembro

Hoxe tocaba festa. Noa e Alex celebraban o seu cuarto aniversario e o compartiron con todos nós con unha gran e rica tarta de chocolate. Qué ben o pasamos!!

Por certo, en todos os aniversarios preparamos a coronas, é xa todo un ritual. Ainda que ó principio cada un decoraba a súa, agora participa prácticamente toda a clase (no é toda, porque é físicamente imposible).

jueves, 29 de noviembre de 2012

Estrela de Nadal

Xa veríades todos a notiña para a decoración de Nadal. O que non especificamos é que a estrela se decora tan so por unha cara, xa que é para pegar na parede. Graciñas!!

lunes, 26 de noviembre de 2012

Monstruosos

Os días pasados estivemos traballando un pouco o medo, e un día estivemos "fabricando" monstros coas nosas caras e dándolles un nome.

Realmente arrepiantes!!!

miércoles, 21 de noviembre de 2012

O barco pesqueiro

Despois dun arduo traballo - mais do esperado - rematamos o noso barco pesqueiro. A verdade é que ocupamos moitos luns no noso taller de plástica con él, picando, recortando, coloreando, pegando....deu para moito. Senón o credes, mirade, mirade:

martes, 20 de noviembre de 2012

Tiñamos varias sorpresas

Este venres tivemos un re-estreno, e é que a biblioteca estivo uns días pechada para poñerse ben bonita. Para celebrar o evento, o profe Julio foi o encargado de ensinárnola e de contarnos un conto "inaugural".
Foi toda unha sorpresa atopala así!!

Por outra parte, hoxe, nada máis chegar ao cole, tivemos outra supersorpresa! Un grupo de cinco músicos de vento viñeron a darnos un concerto e disfrutamos moitísimo. Tocaron cancións moi coñecidas por todos nós, como "os picapedra" e "a panteira rosa". Vimos como sonaban as trompetas, o saxofón e a tuba.
Gustouvos a biblioteca? Eu creo q foron sorpresas estupendas, non sí?

lunes, 19 de noviembre de 2012

A Clase de inglés

Por si algún de vos non coñecía o blog das profes de inglés do cole, non volo perdades que está moi ben para descubrir as actividades de todos os rapaces do centro. Para velo, clicade aquí .

Unha das últimas entradas está adicada o traballiño dos nenos de infantil

SNACK CASE on PhotoPeach

lunes, 12 de noviembre de 2012

O día do Peón

O venres celebramos o día do Peón. Foi un momento moi divertido e entrañable, gracias a axuda dos papás e demais familia. Espero que o pasarades ben.