Este venres estivemos moi atarefados: celebramos o aniversario de Lucía e fomos facerlle a primeira visita ó esqueleto Manolo.
Parece mentira, pero xa comezamos a cumplir cinco anos. Pasámolo moi ben no cumple, porque tralo biscoito -riquísimo- , bailamos un montón (e é que últimamente están todos moi bailaríns)
Antes de ir á biblioteca a coller os libros, fixemos unha paradiña xunto o esqueleto Manolo, que tiña unha mensaxe para nós:
Hoxe cumprimos todos co seu mandadiño:
Qué sorpresa nos terá preparada para mañá??