Xa case chega o día da festa, e para completar o noso disfrace deixámosvos algunhas ideas para a maquillaxe da cara.
Son só ideas, cada quen pode facelo como máis lle guste: máis sinxelo, máis complicado ou non pintar a cara.
Decatádevos de que levaremos unha diadema que cubre a fronte, polo que non ten que vir maquillada.
Para que poidamos suxeitar ben a diadema, que traian un par de pinzas ou prendedores do pelo a maiores.
Moitas grazas!! Feliz Entroido!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario