jueves, 27 de febrero de 2014

Mandadiños rematados e...merendola!!

Hoxe trouxemos o último mandadiño de Manolo: as gafas de sol. Como veredes nas fotos, están feitos uns expertos posando para a cámara. E dentro dun anaquiño, toca merendola coas especialidades de entroido que trouxéchedes.
E maná o día grande!!

miércoles, 26 de febrero de 2014

Terceiro mandadiño

O mandadiño de Manolo para hoxe, era un gorro. Xa estamos case completamente veraniegos...qué nos faltará para rematar o disfrace?

Maquillaxe de entroido

Xa case chega o día da festa, e para completar o noso disfrace deixámosvos algunhas ideas para a maquillaxe da cara.
Son só ideas, cada quen pode facelo como máis lle guste: máis sinxelo, máis complicado ou non pintar a cara.

Decatádevos de que levaremos unha diadema que cubre a fronte, polo que non ten que vir maquillada.

Para que poidamos suxeitar ben a diadema, que traian un par de pinzas ou prendedores do pelo a maiores.

Moitas grazas!! Feliz Entroido!!

martes, 25 de febrero de 2014

Segundo mandadiño de Manolo

Estes somos nós onte, tras ler que o esqueleto Manolo nos dixo de traer uns pantalóns curtos!!

Así de guapos estamos hoxe:

E mañán...qué será, qué será??

lunes, 24 de febrero de 2014

Primeiro mandadiño de Manolo

O venres fomos ver cal era a mensaxe que Manolo tiña para nós. E dixo que tiñamos que traer...unha camiseta de verán!! Así que hoxe estabamos todos moi guapos. Cal será o segundo mandadiño?

sábado, 15 de febrero de 2014

Máis aportacións

O material segue chegando a clase, e os rapaces seguen estando moi motivados. Estas son as aportacións dos últimos días.

martes, 4 de febrero de 2014

Día da Paz 2014

Este inverno o clima non nos da tregua, así que este ano tivemos que celebrar o Día da Paz de maneira interna. Foi unha pena, pero aquí podedes ver as fotos e un vídeo, así vos facedes unha idea do baile adicado a Mandela, a preciosa canción a frauta que tocaron os rapaces de sexto e a tradicional solta de pombas.

domingo, 2 de febrero de 2014

Isto avanza!!

O novo proxecto de alimentación saudable vai vento en popa. Percibo que lles está gustando e xa van chegando os primeiros materiais. Mirade, mirade: