viernes, 30 de noviembre de 2012

Aniversarios de novembro

Hoxe tocaba festa. Noa e Alex celebraban o seu cuarto aniversario e o compartiron con todos nós con unha gran e rica tarta de chocolate. Qué ben o pasamos!!

Por certo, en todos os aniversarios preparamos a coronas, é xa todo un ritual. Ainda que ó principio cada un decoraba a súa, agora participa prácticamente toda a clase (no é toda, porque é físicamente imposible).

jueves, 29 de noviembre de 2012

Estrela de Nadal

Xa veríades todos a notiña para a decoración de Nadal. O que non especificamos é que a estrela se decora tan so por unha cara, xa que é para pegar na parede. Graciñas!!

lunes, 26 de noviembre de 2012

Monstruosos

Os días pasados estivemos traballando un pouco o medo, e un día estivemos "fabricando" monstros coas nosas caras e dándolles un nome.

Realmente arrepiantes!!!

miércoles, 21 de noviembre de 2012

O barco pesqueiro

Despois dun arduo traballo - mais do esperado - rematamos o noso barco pesqueiro. A verdade é que ocupamos moitos luns no noso taller de plástica con él, picando, recortando, coloreando, pegando....deu para moito. Senón o credes, mirade, mirade:

martes, 20 de noviembre de 2012

Tiñamos varias sorpresas

Este venres tivemos un re-estreno, e é que a biblioteca estivo uns días pechada para poñerse ben bonita. Para celebrar o evento, o profe Julio foi o encargado de ensinárnola e de contarnos un conto "inaugural".
Foi toda unha sorpresa atopala así!!

Por outra parte, hoxe, nada máis chegar ao cole, tivemos outra supersorpresa! Un grupo de cinco músicos de vento viñeron a darnos un concerto e disfrutamos moitísimo. Tocaron cancións moi coñecidas por todos nós, como "os picapedra" e "a panteira rosa". Vimos como sonaban as trompetas, o saxofón e a tuba.
Gustouvos a biblioteca? Eu creo q foron sorpresas estupendas, non sí?

lunes, 19 de noviembre de 2012

A Clase de inglés

Por si algún de vos non coñecía o blog das profes de inglés do cole, non volo perdades que está moi ben para descubrir as actividades de todos os rapaces do centro. Para velo, clicade aquí .

Unha das últimas entradas está adicada o traballiño dos nenos de infantil

SNACK CASE on PhotoPeach

lunes, 12 de noviembre de 2012

O día do Peón

O venres celebramos o día do Peón. Foi un momento moi divertido e entrañable, gracias a axuda dos papás e demais familia. Espero que o pasarades ben.

viernes, 9 de noviembre de 2012

Novo proxecto

Despois de cambios de pareceres e dunha dura e reñida votación, na Clase das Tartarugas vamos comezar un novo proxecto: OS ANIMAIS SALVAXES.

Así que si queredes aportar material (que quedará na clase en tanto esteamos co proxecto) como fotos, películas, documentais, debuxos, fotos, contos, libros de consulta, cancións, refráns, xoguetes, figuriñas ou calquera outra cosas que se vos ocurra, será benvida.

Vamos alá!

martes, 6 de noviembre de 2012

Samaín e Magosto 2012

Xa rematou a festa! Todo comezou o xoves cando todos trouxemos a nosas cabazas. A verdade é que traballastes un montón e quedaron todas moi logradas. Aquí tedes as obras maestras:

Tamén queriamos coñecer as cabazas dos demais nenos, así que o xoves recorrimos todo o cole (subimos o piso de primaria) e o venres fomos ver a exposición exterior. Por si algún de vos non as pudo ver, mirade, mirade que cabazas máis arrepiantes!!


O último que fixemos foi a festa do Magosto. Primero bailamos a muiñeira que nos ensinou a profe Lara nas horas de música, e despois comemos un montón de castañas. A festa non rematou aí, senón que aínda tivemos tempo de xogar e bailar un ratiño.

Qué vos contaron? pasárono ben?

(Por certo, se queredes ver a primeira foto da entrada en grande, que é moi bonita, recordade clicar nela)