martes, 27 de septiembre de 2011

Folga

Como todos saberedes, levamos un tempo escoitando informacións que aseguran que os profes estamos a protestar en contra do aumento de dúas horas lectivas. Políticos asegurando que non arrimamos o ombro cando a sociedade o necesita e que protestar por dúas horiñas nos fai malas personas. Estas informacións desvirtúan a verdade, somos moitos os que opinamos que dúas horas máis en si non nos fan mal, posto que temos que seguir indo as mesmas horas a traballar. Entón, que é o que está pasando? Pois que a Consellería está recortando en calidade e en persoal: os docentes estamos máis nas clases cos nenos e así, xuntando horiñas, pódese prescindir dalgún mestre (no noso caso, en Infantil perdemos unha hora de educación física á semana). Isto só para empezar: cando preparamos ás saídas cos nenos? e os festivais? cando poñemos a punto os ordenadores? cando organizamos e atendemos esa biblioteca tan chula que temos? cando apoiamos ós nenos que teñen dificultades? cando facemos este blog?

Moi fácil: os profes con boa vontade, facémolo nas nosas casas e noso tempo libre. Somos a maoiría os que non pechamos o "tenderete" cando toca o timbre, senón que renunciamos a horas de sono ou de estar cos nosos fillos, familiares ou amigos para ter preparada a clase e o cole. Pero hai días que non podes, e está claro que hai profes que non queren facelo, cada un é libre e se algún decide atender á súa vida persoal, é totalmente lexítimo. Veredes como pouco a pouco, o noso ensino público vai perdendo calidade.

Que non vos enganen, estas "dúas horiñas" esconden recortes de personal e perxudican a calidade da ensinanza.

Eu vou á folga.

miércoles, 21 de septiembre de 2011

Adaptándonos

Ola familias! estos días estrenamos blog, curso e promoción. Neste blog, ó igual q o anterior ( A Clase dos cabaliños , da promoción 2008-2011), veredes os cativos ó longo de tres anos.
Polo pronto, estamos inmersos no período de adaptación, e onte, que foi o primeiro día que viñemos todos xuntos tivemos unha reñida votación: a da mascota da clase. Así que sin máis dilación, preséntovos as primeiras imaxes da CLASE DAS TARTARUGAS!!





Si clicades nas imaxes, poderedes velas en grande. E por suposto, pídovos a todos que participedes comentando calquera cousiña.