martes, 29 de noviembre de 2011

O día do Peón

Cun pouco de retraso, celebramos, por fin, o Día do Peón. A verdade e que os rapaces o pasaron moi ben, practicando cos compañeiros e os papás e familiares que vos achegastes ó cole.



Foi unha experiencia moi positiva, e as Tartarugas agradecemos a vosa colaboración.

domingo, 27 de noviembre de 2011

Aniversarios novembro


O venres tocaba celebración, e neste mes os nenos que cumpliron os tres anos foron Alex e Noa. Trouxeron unha tarta boísima y moi bonita, aparte de zumes de varios sabores. Disfrutamos un montón todos xuntos, comendo, bebendo e bailando.




Parabéns, Alex e Noa!

lunes, 21 de noviembre de 2011

Os recreos e a chuvia

Os días que chove, non podemos saír a correr ó patio, así que non nos queda máis remedio que organizarnos: dous cursos van a ver unha película, e un pode xogar en psicomotricidade. Esta última acción soe ser a preferida dos rapaces, pois poden xogar coas colchonetas, pezas e aros que hai alí. Aquí vedes como o pasan:


jueves, 17 de noviembre de 2011

Recadiño

Necesitamos que cada neno traia da casa dous botes de bebibles (tipo Actimel o similar)baleiros para facer un traballiño na clase coa profe Lorena.
Graciñas!!

O tempo vai pasando e...

Pois si, o tempo vai pasando e xa se nota o avance dos cativos. Tamen vamos facendo cousiñas que algúns non conocían: botarlle Alkil ás ceras brandas, témperas, pintura de dedos, etc....



Como vos imaxinaredes, disfrutan moito, sobre todo con todo o que implique pinceis ou mancharse. E todavía non fixemos máis que empezar!

domingo, 6 de noviembre de 2011

Aniversarios de outubro


O venres tocaba aniversario. Esta vez foi triple: Naiara, Darío e Xoan xa contan con tres anos! Trouxeron un biscoito de chocolate riquísimo. Foi unha gran celebración, cantamos, bailamos e comemos. Unha mañá completísima.



Parabéns ós tres!!

martes, 1 de noviembre de 2011

O Magosto

O venres, foi día de festa. Pola mañá todos trouxemos o nosa présa de castañas, para que os profes encargados puidesen asalas. Pero o primeiro que fixemos foi admirar a exposición de cabazas que agora estaban no exterior do cole.



Tamén puidemos ver que as castañas non se asan soas. Levan o seu traballiño estar tan ricas.



Despois do recreo, preparámonos para ir ó Magosto. Collemos os nosos castañeiros, feitos cos cartóns e a castaña na que estivemos traballando un par de días e dirixímonos ó patio. Alí, antes de comer, cantamos a canción do Samaín cos nenos maiores.



E despois, si, por fin preparámonos para comer as castañas!! estaban moi ricas!!