viernes, 30 de marzo de 2012

Aniversarios de marzo


En realidade, aniversario de marzo, en singular. Cris xa ten os catro anos e celebrouno con nós na clase. Tomamos un biscoito moi rico e orixinal, e lle cantamos o cumpleanos feliz.
Pasámolo moi ben!


Parabéns, Cris! Xa eres unha nena moi maior!!

domingo, 25 de marzo de 2012

Verán en marzo

Este venres parece que chegou o verán, pois a temperatura era alta e non corría nada de brisa. A verdade é que disfrutamos moito o tempo de lecer sin os abrigos.
Aproveito para recordar que os nenos que non teñan gorra é mellor que a traian.
Aquí vos deixo unha presentación deste recreo:

viernes, 23 de marzo de 2012

Coa primavera, chegou a poesía

Este mércores, día 21, aparte de celebrar que chegaba a primavera, tamén tivemos un acto no cole para celebrar que tamé era o día da poesía.
Primero preparamos o texto, sobre todo o noso cachiño (en negriña):

Polas rúas

Polas rúas de Tulús,
vai un vello en autobús.
Polas rúas de Pekín,
vai un vello nun patín.
Polas rúas de Sevilla,
vai un vello nunha silla.
Polas rúas de Damasco,
vai un vello nun carrasco.
Polas rúas de Almería,
vai un vello nun tranvía.
Polas rúas de Padrón,
vai un vello en avión.

(Ana María Fernández)

Así pois, estivemos preparando o noso patín:




Tocoulle levar o cartel a Cris por ser a encargada, e alí, entre todos os nenos de infantil recitamos a nosa poesía. Tamén estivemos bastante atentos escoitando as poesías do resto dos nenos do cole.



Cando teñamos os vídeos, os direi cal é o link.

sábado, 17 de marzo de 2012

Museo de Bellas Artes


Como sabedes, este venres fomos de excursión a Coruña, ó Museo de Bellas Artes. Na clase xa falaramos un pouquiño de que cousas poderiamos atopar. Casualmente, e aproveitando unha ficha do proxecto dos nomes, investigamos e aprendimos que é un "retrato". O día anterior estivemos todos facendo o noso retrato:



O venres os nenos xa estaban emocionados con tan so subir ó bus, e foron moi contentos hacia Coruña. Unha vez no museo aprendimos un montón de cousas. Jose, o monitor, explicounos de maneira amena, o que podiamos atopar nun museo como ese. Explicounos que son os cuadros, onde e con qué se pintaban, que é unha escultura, tocamos un lienzo, vimos os materiais que emprega un escultor... detivémonos en dous cuadros, especialmente: "As mariscadoras" de Luís Seoane e "Dora" de Picasso (moi bonitos, os dous, por certo).



Finalmente, coñecemos o "xigante" do museo (foi do que mais lle gustou os rapaces) y decoramos, cada un a súa maneira, a "Dora", de Picasso.

Aquí tedes o resumen en imaxes:

miércoles, 14 de marzo de 2012

Excursión ó Teixo de Paseo Marítimo

O venres pasado, aproveitando que facía un tempo estupendo, fixemos unha pequena excursión por Pontedeume. Pero a razón non foi o clima favorable, senón, que o día anterior celebraramos no cole o Día da Muller Traballadora. Centrámonos na figura de Emilia Pardo Bazán, e as tartarugas, xunto cos demáis nenos de infantil, descubrimos que esta escritora coruñesa, era unha admiradora de Pontedeume. Un dos seus sitios favoritos era o teixo que se encontra ó final do paseo marítimo e ata alí foi a onde nos diriximos.
Pola camiño puidemos saudar as mariscadoras, que ían á marea, e vimos que elas tamén son moi traballadoras. Dimos un paseo e admiramos o teixo, merendamos xunto a él, e á volta, xogamos un bo rato nos columpios do paseo (encontramos xoaniñas e miñocas!!).
Por certo que todos fixeron o camiño como campións!.

viernes, 2 de marzo de 2012

jueves, 1 de marzo de 2012

Recopilación Día da Paz

Aínda que con un pouco de retraso, agradecer dende aquí a colaboración dos papás de Naiara, pola gran cantidade de fotos do Día da Paz que me fixeron chegar.
Aquí vos ensino unha mostra, o resto fareinas chegar doutra forma.


(Se non escoitades a música, pasade o ratón por encima da presentación, e a activades)
Moitísimas gracias!!!