viernes, 31 de enero de 2014

Canto medramos!!

Xa comezamos cos aniversarios neste 2014, o que significa que xa comezamos a cumplir os seis anos!! Como sempre, comezamos co de Lucía, cun biscoito riquísimo. Como curiosidade comentar que o proxecto de alimentación algo está facendo, posto que hoxe casi todos animáronse a probar o biscoito, aínda que fose un anaquiño pequeno, e sin decirlles eu nada (normalmente hai un grupiño de rapaces que nin o intentan).

viernes, 24 de enero de 2014

Necesitamos un lápis!

Ola familias!

Parece que na clase escribimos moito, e a verdade é que os nosos lápis están moi acabadiños. Así que vos pido que cada neno traia un Staedtler Noris HB2 para que podan escribir en condicións.

Grazas!!

jueves, 23 de enero de 2014

Qué é o que comemos?

Estamos empezando novo proxecto na clase, un dedicado a alimentación saudable. Levamos varios días plantexándonos que significa esa palabra, "san", qué cousas nos gustan comer, cales non... de feito levamos tres días facendo unha táboa co noso menú diario. Está claro que hai alimentos "estrela" e outros "estrelados", pero estamos no momento perfecto para experimentar e probar alimentos novos. Hoxe, sen ir máis lonxe, estivemos falando do brécol, moitos non sabían nin o que era, pero aínda así, decían que non lles gustaba.

Podedes participar da maneira que queirades, con fotos, pequenas frases dos rapaces explicando que probaron algo novo, contos...algo xa andamos argallando con papás que traballan no gremio.

Por outra banda, a profe Marga, tamén vai traballar o tema en inglés, así que nos pide si podedes traer folletos de publicidade dos supermercados. Esto é o que anda traballando agora con eles:

Seguiremos contándovos!!

miércoles, 22 de enero de 2014

Unha final apaixoante

O venres tivemos a final da competición de bolos. Enfrentáronse o equipo "Dragon Ball" das Tartarugas, contra "Os Reis Magos" das Xirafiñas. Foi moi emocionante, e o resultado moi, moi axustado: gañou o equipo das Tartarugas por un par de puntos.

Houbo de todo, unha tirada polémica, emoción, cálculo mental de puntos, alegría e tristeza. Ao final os dous equipos déronse unha aperta e aprendimos que unhas veces se gana, e outras se perde. O importante é pasalo ben!!

lunes, 13 de enero de 2014

Venres, hora de lectura.

O venres na hora de lectura, tivemos unha lectora especial: Cris trouxo ao cole un conto feito por ela, así que se animou, e liunolo a todos. Gustounos moito, así que ao final recibiu o seu merecido aplauso. Moi ben!!

jueves, 9 de enero de 2014

Nadal 2013

Agora sí, temos aquí as fotos dos dous últimos días no Nadal. Viñemos guapísimos para o baile, fixemos a actuación estupendamente, recibimos a visita dos paxes, e aínda tivemos tempo de comer unhas lambonadas!!

E si queredes ver o vídeo, aquí o tedes: