viernes, 24 de febrero de 2012

Xa morreu, xa morreu...


O entroido chega ó seu fin. E aquí estamos nós para decirlle adeus, coas nosas mellores galas


A hora do recreo foi moi divertida. Había sevillanas xogando con ananiños, dinosaurios, superheroes...



Ó final da xornada, fomos ó patio de arriba para despedir todos xuntos o Entroido. Prendémoslle lume, choramoslle e cantamos o "Xa morreu".



Entroido, ata o ano que ven!!!

sábado, 18 de febrero de 2012

Marea pitufa

Por fin chegou o gran día. Os pitufos vanidosos chegaron ó cole cheos de ilusión, e guapísimos, por suposto.



Despois de pasar un ratiño no cole, saímos polas rúas de Pontedeume, para que todos puidesen ver esta marea pitufa. Seguro que vós tedes máis fotos ca min deses momentos. Pero a actuación saiu estupenda. Espero que disfrutasedes!!



O chegar de novo ó cole, aínda tivemos tempo de comer todo o que sobrara o día anterior. Probamos todo tipo de manxares típicos destas datas: freixóns, orellas, flores, etc...
(as fotos son dos dous días)



Disfrutade do entroido!!

jueves, 16 de febrero de 2012

... e catro!!

Catro foron os mandadiños de Manolo, e o resultado final foi estupendo. Os nenos estaban guapísimos cos seus babeiros, pencas, axouxeres e coletas.



Adeus, Manolo!! Ata o entroido que ven!!

miércoles, 15 de febrero de 2012

Derradeiro mandadiño

Este é o próximo e derradeiro recado de Manolo:


Hoxe vimos na clase uns axouxeres estupendos!!


martes, 14 de febrero de 2012

Terceiro mandadiño

Como moitos sabedes xa, o terceiro mandadiño de Manolo é...


Así viñeron hoxe as tartarugas:


lunes, 13 de febrero de 2012

Segundo Mandadiño

Aquí tedes o segundo mandadiño de Manolo:


Polo pronto, aquí tedes os nenos cos babeiros. Están guapísimos!!!


viernes, 10 de febrero de 2012

O entroido xa está aquí...

.... é con él o esqueleto Manolo cos seus mandadiños. Hoxe fomos coñecelo e a ver cal era a súa indicación para o luns.


Así que xa sabedes, o luns tooooodos con babeiros!!