viernes, 22 de marzo de 2013

Aniversario de marzo


Seguimos facéndonos maiores, e hoxe celebramos o cumple de Cris, que xa ten cinco anos!! Soplou a súa vela superchula, bebimos todo o zumo que quixemos, e comimos un montón de biscoito.

Parabéns, Cris, xa eres moi maior!!

martes, 19 de marzo de 2013

A Casa do Mel

Hoxe pola mañá estabamos todos un pouco nerviosos, pois íamos de excursión! Collemos o autobus, porque a Casa do Mel, de Goente, esperaba por nós. A verdade é que iamos moi preparados, e a xente de alí sorprendiuse por todo que sabiamos do mundo das abellas. Para empezar fixemos a nosa propia colmea, un bonito mural que colga da nosa clase, e despois chegou o momento de probar o mel. Aínda que o intentamos, non todos fomos capaces de probala, pero por sorte, había rapaces dispostos a comerse a que os demais non quixeron.

Despois vimos unha colmea transparente na que atopamos á abella raíña, ás veces era un pouco difícil atopala, pero alí estaba, no medio de todas. Mentres esparabamos o noso turno para facer as velas, aproveitamos para sacarnos unhas fotos moi graciosas que veredes mais abaixo, e por último...por fin! fixemos as nosas velas, que puidemos pintar da cor que quixeramos. Tan so nos quedou merendar, e en marcha para o cole. Estabamos cansados, pero satisfeitos. Qué vos contaron os rapaces?

viernes, 15 de marzo de 2013

Tartarugas artistas

Durante as últimas semanas, estivemos facendo cuadros. So había dúas condicións: temática libre e inventarlle un título. Mirade que artistazas:

jueves, 14 de marzo de 2013

Temos unha colmea na clase

Fai un par de días, Inés e os seus pais, trouxeron un material estupendo para estudiar as abellas: nada menos que unha colmea!! aínda que está un pouco velliña, válenos perfectamente para ver como é. Aos nenos encantoulle, e pouco a pouco van pasando todas as demáis clases pola nosa para vela.
Tamén trouxeron cera de abella e unha unha "abeja Maya" para adornar.

Moitas grazas!

viernes, 8 de marzo de 2013

Un apicultor no cole!


Hoxe visitounos Pablo, un apicultor que moi amablemente ensinounos os secretos do seu traballo. Explicounos cómo hai que vestirse para que non lle piquen as abellas, cómo recolle o mel, qué tipo de abellas existen nun panal, como traballan incansablemente.... os nenos tamén fixeron todas as preguntas que quixeron. Por si esto fora pouco, trouxonos mel para probar e ensinounos o polen.

Moitas grazas a Pablo e a mamá de Ana das xirafiñas por poñernos en contacto con él!!

jueves, 7 de marzo de 2013

Novo proxecto: as abellas

Hoxe comezamos proxecto novo. Partindo do noso disfraz de entroido no que íamos de apicultores, podemos aprender un montón de cosas do mundo das abellas. Así, que, comezamos como sempre...Qué sabemos das abellas?? Aquí tedes unha reproducción exacta da conversa desta maña:

Ángel: ponen miel.

Nora: pican y hinchan o golpe

Darío: ponen huevos

Xoan: viven en panais

Antón: tienen antenas

Javi: comen

Ángel: y qué comen?

Javi: no se…

Ángel: comen miel, hombre!!

Javi: no, comen las flores

Ángel: no, esas son las mariposas

Cris: qué decis!! Las abejas hacen la miel y no se la comen!!

Ángel: las abejas hacen la miel para las chicas y los chicos.

Noa: comen miel

Lucía: mucha?

Javi: no, poquita.

Andrés: tienen alas.

Javi: zumban

Xoan: comen el polen de las flores para ayudarlas a hacer más flores.

Darío: comen hierba

Todos: nooooooo

Lucía: vuelan

Ángel: si les molestan las avispas les dan un picotazo con el “abejón”.

Javi: los niños que no se quedan quietos, les pican.

Ángel: si, eso es verdad…

Esto é o que queremos saber...como veredes interésalle moito de que se alimentan!:

Comen o polen das flores?.

Porqué inflan as picaduras?

Comen herba?.

Comen o mel?

Cómo viven nos panais?

Cómo pican?

Voan sobre a auga?

Cómo levan el líquido das flores á colmea?

Cómo comen o mel?

Cómo comen o polen?

Como sempre, se queredes traer información, sexa da fonte que sexa (CD, libros, periódicos, obxectos, charlas, enlaces internet, e calquera cousa que se vos ocurra) será benvida.

viernes, 1 de marzo de 2013

Contacontos Kalandraka


Onte tivemos no cole unha visita inesperada!! Pola mañá alguén deixara unha carta na nosa clase, nela, Alex e Patri contáronnos que ese día ás doce chegarían ó cole, desde a fábrica de contos Kalandraka, para contarnos un montón de contos e aventuras.
E non defraudaron!! Coñecimos un abrigo espectacular nos "Petos de Loreto", a galiña que tanto traballaba e os seus veciños lacazáns na "Galiña Roxa", e por último a aventura de "Gatiño e o balón".
Ninguén perdiu detalle, senón o credes, mirade que atentos estaban: