lunes, 31 de marzo de 2014

Aniversario de marzo

O venres tocoulle o turno a Cris para celebrar o seu sexto aniversario. Comimos un montón de biscoito, bailamos e nos divertimos.

Parabéns, Cris!!

jueves, 27 de marzo de 2014

Cata de froitas

Onte, e para rematar o proxecto de alimentación saudable, fixemos unha cata de froitas. Foi unha actividade que aos rapaces lles gustou moito, e todos se animaron a probar de todos os platos. Como curiosidade, o mango arrasou, prácticamente todos quixeron repetir, e varias veces!! e iso que prácticamente ningún o probara na súa vida.

Despois, fixemos unha valoración cunha lista das que nos gustaron, e cales non.

lunes, 10 de marzo de 2014

Visita ao Mercado e Charla alimentación saudable.

Con tanta festa non tiven tempo de poñer as dúas actividades superinteresantes que fixemos antes das vacacións de Entroido.

Primeiro fixemos unha visita ao Mercado de Pontedeume. Alí pudimos ver e coñecer peixes, froitas, verduras e outras cousas tan variadas como: diferentes partes do porco, o pimentón, a morcilla...

A última semana de febreiro veu ao cole a nai de Antón, e traballamos sobre a pirámide alimenticia cal é a base da nosa alimentación, que alimentos debemos de comer a menudo, e cales pouquiñas veces.

Quero agradecer tanto a familia de Cris, como a mamá de Antón a súa colaboración nestas actividades tan interesantes e importantes. Tamén aos placeiros de Pontedeume pola súa paciencia e recibimiento.

Pasámolo moi ben!!

viernes, 7 de marzo de 2014

O final do Entroido

Xa morreu!! Este ano despedimos o Entroido con moita ledicia. Agora veredes que ben o pasamos...quedamos na merendola do xoves, así que sentádevos e mirade....

Aos que aínda nos vistes os vídeos da actuación na web do cole, aquí os tedes: