Hoxe estivemos aprendendo algunhas cousiñas da balea azul, entre elas que é un dos animais máis grandes do mundo, pois pode medir ata 25 metros. Como esta medida non nos di demasiado aínda, tomámoslle a medida con algo que si coñecemos: nenos.
Así que o primeiro foi pensar onde poderíamos medila, xa que nos parecía que era moi grande. Unha vez elixido o sitio, cun metro e axuda da profe marcamos os vintecinco metros. O seguinte foi o máis divertido, tumbarnos e contar cantos nenos se necesitan para cubrir a medida da balea.
O resultado foi TRINTA E TRES!!
Aínda nos faltan máis medicións das nosas (cantos pasos miden os leóns? ou cantos pes un ornitorrinco?) que vamos anotando cuidadosamente.
Que bien lo pasais, asi seguro que aprenden mucho.
ResponderEliminarAntón ayer algo me dijo de las ballenas, pero el solo se lio, ahora entiendo todo lo que me dijo.
impagable, que gran idea, é así como se interiorizan de verdade as dimensións. nada mellor que a práctica para sentar as bases dos coñecementos matemáticos. 1 neno x 33 = 1 balea :-) parabéns!
ResponderEliminarSeguro que se lo pasaron genial con estas mediciones tan especiales!!!
ResponderEliminar