viernes, 21 de diciembre de 2012

Fin de festa e vacacións!

Pois a este ano xa non lle queda nada. Levamos dous días de celebración e de actuacións moi emocionantes. O equipo de mestras desexamos que vos gustasen. Aquí tedes condensado en imaxes o que foron estes días.

Este é o vídeo da actuación de xoves:

BO NADAL E FELIZ ANINOVO!!

jueves, 20 de diciembre de 2012

Pequeno adianto de mañá

Hoxe os nenos e nenas das tartarugas fixemos unha actuación estelar. Como non queremos estropear a sorpresa de mañá, non poñemos o vídeo. Pero o que si podemos facer é ver o guapos que estabamos todos.

Mirade, mirade.

lunes, 17 de diciembre de 2012

Aniversarios de decembro. Xa temos todos catro anos!

Hoxe foi a festa do último aniversario do ano. Nora e Antón foron os festeiros e trouxeron un biscoito moi rico. Preparamos as coroas, soplamos as velas y bailamos. Parabens Nora e Antón!!

A próxima entrada dos aniversarios será de cinco anos, somos moi maiores xa!

jueves, 13 de diciembre de 2012

Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro

Onte, 12.12.12 ás 12 horas, todos xuntos homenaxeamos ao poeta ouresán Celso Emilio Ferreiro.
Participando nunha iniciativa dos equipos de dinamización da lingua galega o alumnado de 6º de primaria interpretou un rap co poema "Deitado frente ao mar" publicado en "Longa noite de pedra".
Deste xeito, moitos centros galegos recordamos a vida e obra deste autor no ano do centenario do seu nacemento.

martes, 11 de diciembre de 2012

Canto mide unha balea azul?

Hoxe estivemos aprendendo algunhas cousiñas da balea azul, entre elas que é un dos animais máis grandes do mundo, pois pode medir ata 25 metros. Como esta medida non nos di demasiado aínda, tomámoslle a medida con algo que si coñecemos: nenos.

Así que o primeiro foi pensar onde poderíamos medila, xa que nos parecía que era moi grande. Unha vez elixido o sitio, cun metro e axuda da profe marcamos os vintecinco metros. O seguinte foi o máis divertido, tumbarnos e contar cantos nenos se necesitan para cubrir a medida da balea.

O resultado foi TRINTA E TRES!!

Aínda nos faltan máis medicións das nosas (cantos pasos miden os leóns? ou cantos pes un ornitorrinco?) que vamos anotando cuidadosamente.

martes, 4 de diciembre de 2012

Estrelas do Nadal

Hoxe era a data para traer as estrelas que fixéchedes na casa. Cada un de nos explicamos o proceso de "fabricación" e este foi o resultado.

Noraboa! quedaron moi bonitas!

lunes, 3 de diciembre de 2012

Comezamos o proxecto

Xa levamos uns días recollendo material para o noso proxecto dos animais salvaxes. A verdade é que aportáchedes un montón de cousas e temos a clase chea destes amigos.

Agora, pouquiño a pouco estamos xa aprendendo cousas. Por exemplo, o outro día vimos un pequeno documental sobre os ornitorrincos, porque é o animal estrela da nosa aula: fascínalles esa mestura de pato e castor, e xa sabemos que lle encanta estar na auga, que come pequenos animais (e non herba, como moitos creían) e que, xunto o equidna, é o único animal que nace de ovos pero é mamífero! Moitos nenos recordan que estes "raros" animais son de Australia, pero aínda temos que empezar a mirar mapas para entendelo mellor.

Por outra banda, temos na clase un gran mural con moítisimos animais ós que temos que buscar o nome e poñelo debaixo. Están moi interesados en buscalas palabras e colocalas ben, e eso que non é nada sinxelo!