Moitos días, e de xeito fortuíto, surxen temas interesantes para os nenos e para investigar. Moitos deles valdrían perfectamente de punto de partida para un proxecto ben longo, pero obviamente, é imposible.
Por exemplo, pouco antes das vacacións, nunha conversación común, surxiu unha pregunta: Os polbos péscanse con cana e anzuelo? Estivemos pensando e non chegamos a ningunha conclusión. Entón, ocurriusenos que Cris lle preguntara ó seu papá, xa que traballa con peixes. Un par de días despois, chegou a clase moi documentada, con material e debuxos, e aprendimos qué son as nasas, cómo se empregan e colocan, que hai que marcalas con boias, e un longo etcétera. Deunos para preparar un mural, que aínda non está rematado, por certo.
Hoxe Xoan trouxo unha pluma, e estivemos todos mirándoa con detemento, pensando de que animal podería ser... as nosas conclusións que chegaron os rapaces foron: unha lechuza e unha gaivota (aínda que o principio pensamos que non había gaivotas pardas). Ó final descaron a águia, porque parecía pouco probable que as houbese pola vila de Pontedeume.
CUANTO APRENDEN ESTOS NIÑOS JEJEJE NAIARA NO CONTÓ NADA PERO AHORA LE VOY A PREGUNTAR HABER SI SABE COMO SE PESCA UN PULPO HABER SI CUENTA ALGO.
ResponderEliminarCris llegó muy ilusionada a casa diciendo que "María le había puesto deberes" jajaja..
ResponderEliminarMe alegro de que os gustara nuestra "explicación".