martes, 27 de septiembre de 2011

Folga

Como todos saberedes, levamos un tempo escoitando informacións que aseguran que os profes estamos a protestar en contra do aumento de dúas horas lectivas. Políticos asegurando que non arrimamos o ombro cando a sociedade o necesita e que protestar por dúas horiñas nos fai malas personas. Estas informacións desvirtúan a verdade, somos moitos os que opinamos que dúas horas máis en si non nos fan mal, posto que temos que seguir indo as mesmas horas a traballar. Entón, que é o que está pasando? Pois que a Consellería está recortando en calidade e en persoal: os docentes estamos máis nas clases cos nenos e así, xuntando horiñas, pódese prescindir dalgún mestre (no noso caso, en Infantil perdemos unha hora de educación física á semana). Isto só para empezar: cando preparamos ás saídas cos nenos? e os festivais? cando poñemos a punto os ordenadores? cando organizamos e atendemos esa biblioteca tan chula que temos? cando apoiamos ós nenos que teñen dificultades? cando facemos este blog?

Moi fácil: os profes con boa vontade, facémolo nas nosas casas e noso tempo libre. Somos a maoiría os que non pechamos o "tenderete" cando toca o timbre, senón que renunciamos a horas de sono ou de estar cos nosos fillos, familiares ou amigos para ter preparada a clase e o cole. Pero hai días que non podes, e está claro que hai profes que non queren facelo, cada un é libre e se algún decide atender á súa vida persoal, é totalmente lexítimo. Veredes como pouco a pouco, o noso ensino público vai perdendo calidade.

Que non vos enganen, estas "dúas horiñas" esconden recortes de personal e perxudican a calidade da ensinanza.

Eu vou á folga.

3 comentarios:

  1. Un bico para esas profes que están sempre traballando para facer as clases máis interesantes, educativas e novedosas. Se o ensino público se mantén en pé é grazas ao voso traballo día a día.
    K

    ResponderEliminar
  2. Canta razón nas túas palabras, María! Grazas por escribilas de parte de todas as profes que, como min, está traballando nun día de festa.
    Un bico
    Nuria

    ResponderEliminar