miércoles, 2 de octubre de 2013

Aniversario de setembro

Comezamos coas celebracións de aniversarios neste curso. A tartaruga que estivo de noraboa en setembro foi Andrés. Coma sempre, pasámolo estupendamente: tarta moi rica, e non vexades como bailamos!

viernes, 27 de septiembre de 2013

A Clase de música

Xa estamos traballando a tope na clase de música. Na aula da profe Lara temos un montón de instrumentos; mirade que ben posamos con eles, parecemos todos uns profesionais!

martes, 17 de septiembre de 2013

viernes, 13 de septiembre de 2013

Xa estamos de volta!

Comezamos de novo, e esta vez é a ultima en infantil! Parece mentira, pero xa estamos no último curso e somos os maiores. Pero o primeiro día foi de relax total, de toma de contacto.

A gran novidade que temos é que nos acompaña unha nova tartaruga...Benvido Jose!!

Recordade traer a foto do verán!!

lunes, 17 de junio de 2013

Se achega o final de curso

Non falta moito para o final de curso, en andamos moi ocupados facendo moitísimas cousas: aprendendo dos esquimós, bailando coa batucada (gracias, Fenómenos!!!), celebrando aniversarios (parabéns Inés, Javi e Aitor!!) e indo de excursión á Casa do Queixo. Mirade, mirade:

viernes, 7 de junio de 2013

Aniversarios de Maio

Xa temos outra tartaruga con cinco anos! Ángel celebrou o seu aniversario con todos nós e pasámolo moi ben. Como veredes nas fotos, cada vez somos máis bailaríns.

Parabéns, Ángel!!!.

miércoles, 5 de junio de 2013

Excursión de fin de curso

Por si tedes curiosidades, aquí tedes a páxina web da Casa do Queixo. Nela poderedes atopar unha orientación sobre o que vamos a facer ao longo do día 11 de xuño: a zona do zoo, a aldea e o bosque cos seus correspondentes talleres, e un longo etcétera.

Para ver a web da casa do Queixo, clicade aquí

Para ver o programa, aquí