jueves, 22 de diciembre de 2011

Xa temos todos tres anos!!


Este luns celebramos o último aniversario do ano. Faltaban Antón en Nora por cumplir tres anos, e xa os teñen! Qué maiores!!
Xantamos biscoito, cantamos e bailamos, foi moi divertido.



Parabéns rapaces!!

sábado, 17 de diciembre de 2011

As tartarugas saen a súa primeira excursión

Este venres tivemos a nosa primeira (e navideña!!) excursión. A pesar de que o día non acompañou para nada, os nenos e nenas estaban moi emocionados en con ganas de saír. Aquí vedes as súas caras no autobús, que o din todo:



Menos mal que ó chegar, o bus deixounos na mesma porta, e os nenos puideron entrar sen mollarse. Unha vez alí dentro, dividímonos en tres grupos para poder ver o Belén en acción (pois o lugar era pequecho). Foi moi divertido ver como se movían as figuriñas: os panadeiros, os pescadores, as señoras que tendían a roupa, o ferreiro... Tamén gustou moito cando se "facía de noite" e se encendían as luces das casas.



No cole os rapaces dixeron que lles gustou moito. Que vos contaron a vos? Disfrutaron a súa primeira saída?

miércoles, 14 de diciembre de 2011

Máis decoración

Como víchedes fai un par de entradas, xa temos lista a decoración do corredor. Agora lle toca o turno a gran árbore do colexio, que faremos entre todos os nenos e nenas do Couceiro Freijomil. Coas nosas mans ocupámonos das follas:



E tamén cada un de nos puido elexir o adorno para a árbore que máis lle gustara e colorealo.



Despois un pouco de Alkil por aquí, e un pouco de purpurina por alá...


Pronto veredes o resultado final!

sábado, 10 de diciembre de 2011

Pequenos artistas

Estes días estivemos preparando a portada dos nosos traballos de outono, e para eso traballamos sobre unha lámina de Natasha Wescoat titulada "with the waves".



A técnica empleada foi acuarela sobre cera branda (algúns xa saberedes que este tipo de ceras "repele" a acuarela). Así que dito e feito, puxémonos mans a obra e así foron quedando as nosas artistadas:

viernes, 9 de diciembre de 2011

Xa é nadal no corredor

Xa están colgados no corredor de infantil todos os adornos de Nadal que trouxeron os nenos. A verdade é que está espectacular, e parece mentira como con materiais de refugallo tan incribles (palomitas, limas, esponxas e un longo etcétera) saísen cousas tan orixinais. Aquí tedes as tartarugas mostrando orgullosas as súas obras.




Por outra banda, aquí tedes un exemplo do traballiño dos rapaces e pais doutras aulas:



Moitísimas gracias pola vosa colaboración!!!

miércoles, 7 de diciembre de 2011

Maracas

O xoves pasado os nenos levaron para casa unha cousiña moi musical, que fixeron coa profe Lorena: unhas maracas. A verdade é que traballaron moito nelas e por eso lles fixo tanta ilusión levalas para casa. Un par de bebibles, uns gomets, un globo, area... e xa temos un bonito instrumento musical!!

viernes, 2 de diciembre de 2011

Día de disfraces

Os venres chegamos moi cansados ó final da xornada. Así que un ratiño antes de marchar disfrutamos do "xogo libre". E a moitos nenos lles gusta especialmente porque é día de Disfraces: diademas, gorros, bolsos e outras cousiñas que temos gardadas. Mirade que ben o pasamos