viernes, 26 de abril de 2013

Teddy´s Train

Como xa vos contamos hai uns días, a profe Marga veu á clase cunha sorpresa: Stephanie ía contarnos un conto!.

No blog de inglés tedes unha entrada con máis fotos e un vídeo dese momento.

Pinchade aquí.

lunes, 22 de abril de 2013

Concerto didáctico: o quebranoces

O xoves tivemos unha visita estupenda. A asociación Musical Musicreques veu o noso cole a ofrecernos un concerto didáctico. Foi unha adaptación de "O Crebanoces" mediante monicrequeques e música de piano en directo...un auténtico luxo!!!!

A verdade é que a historia non nos era descoñecida, porque a profe Lara estivo traballando con nos a obra de Tchaikovski.

Pasámolo estupendamente, e senon o credes, mirade as fotos:

martes, 16 de abril de 2013

Máis visitas primaverais

Seguimos coas visitas dos nosos amiguiños os animais. Onte trouxo Andrés un ourizo cacho: a maioría de nos nunca viramos un tan de preto. Estaba un pelín asustado porque xa sabemos que os ourizos son animais salvaxes que non lles gusta estar encerrados, pero Andrés contounos que xa o soltara.

Hoxe Alex tamén trouxo uns animaliños, unhas lagartiñas. Contounos que as collera o seu pai -e que a todos pareceunos moi difícil cazalas!- e que comían bichiños.

lunes, 15 de abril de 2013

Mañán de sorpresas

O venres foi un día moi divertido, posto que tivemos dúas sorpresas. A primeira chegou con Marga: era Stephanie que veu a lernos un conto en inglés!!

Despois merendamos axiña, posto que sabiamos que nun anaco teríamos a visita de Rogelio Botanz, un cantautor mestre en silbo gomero. Xa estiveramos vendo en que consistía, e pareceunos moi interesante eso da comunicación entre barrancos e montañas mediante silbidos. Veu con dous rapaciños do cole no que é mestre, e estivemos todos moi atentos, e ata entendimos frases sinxelas que nos dixo.

jueves, 11 de abril de 2013

Visitas

Este martes tivemos un par de visitas animais. Lucía trouxo un tritón, e gustounos moito, poidemos velo moi de cerca (colleuno na man) e tiña a barriguiña laranxa.

Javi tamén trouxo uns cágados moi chulos, pois nunca os viramos na clase con patas e xa de color verde...eran como miniráns con coliña.

lunes, 8 de abril de 2013

Queremos que sexa primavera...

...pero nada, que non chega. Pero nos facemos cousiñas a ver si a invocamos. Polo pronto estamos decorando a clase coas mándalas que fixemos estes días (nos momentos de relaxación, con música calmadiña).

Tamén estivemos mirando a planta da patata que nacen...na terra!

E tamén temos unhas bonitas flores no pequeno xardín do patio que xa están na súa plenitude (cortesía das profes habilidosas!)

Primavera, ven a nos!!!!

miércoles, 3 de abril de 2013

Os vermes da seda


Xa están no corredor os vermes da seda. Aínda son moi, moi pequeniños, e algúns nin saíron dos ovos, así que temos que observar como crecen ata convertirse en bolboretas. Si queredes contribuír na súa alimentación con follas de moreira, os vermes seguro que volo agradecen.