viernes, 25 de mayo de 2012
Fragas e animaliños
Nestas últimas semanas fixemos varias actividades importantes, entre elas, a visita que tan amablemente nos fixo Antón Marcal. Ensinounos a todos os nenos de infantil un montón de cousas sobre as Fragas: que animais e prantas as habitan, o problema das présas, cómo afectou o incendio (gustoulles especialmente o do "hospital" de animais que hai en Oleiros) e un montón de cousas mais. Moitísimas gracias, Antón!!
Por outra banda, Lucía achegou ó cole varios animaliños que observamos con curiosidade: un tritón e varios cágados. Gustáronnos moito!
viernes, 11 de mayo de 2012
Gorras
Ola familias! Isto é un aviso para recordarvos que hai algúns rapaces que non teñen a gorra no cole, e co verano aquí ó lado, sería convinte protexerse ben a cabeza. Grazas!!
lunes, 7 de mayo de 2012
As normas das tartarugas
Xa levamos un tempo traballando cinco normas moi sinxeliñas na clase. Un día sentámonos, reflexionamos e decidimos entre todos cales deberían de ser. Ás veces, cando nos olvidamos dalgunha delas, podemos consultar o mural que temos na entrada da clase e que fixemos e representamos entre todos. Aquí as tedes:
viernes, 4 de mayo de 2012
Explosión de cores
miércoles, 2 de mayo de 2012
Os maios
O luns celebramos os maios. A verdade é que foi unha mañá moi atarefada: levou un bo rato preparar as guirnaldas - nos encargámonos das calas e as laranxas -, e despois de algún ensaio, fomos a actuación. A pena foi o tempo, que non acompañou, e tivemos que actuar e levar os maios polo corredor do cole. Pero de todas formas o pasamos moi ben e todos os nenos e profes do centro traballamos un montón para celebrar a chegada da primavera.
Os maios eumeses saíron na TVG, si queredes velo, clicade aquí
Suscribirse a:
Entradas (Atom)